El tesoro del cisne negro

O mércores desta semana tivo lugar a cuarta reunión do club de lectura do curso 2020-2021 na hora do descanso, na que falamos de El tesoro del cisne negro. Trátase dunha obra de banda deseñada asinada polo coñecido autor Paco Roca e Guillermo Corral, diplomático e escritor, na que narran a batalla do goberno de España para recuperar o tesouro perdido do galeón Nuestra Señora de las Mercedes, afundido a comezos do século XIX e expoliado pola compañía estadounidense Oddyssey.

Polas circunstancias actuais da pandemia mundial, a reunión tivo lugar de forma mixta: presencial e a distancia por medio de Cisco Webex.

A seguinte reunión terá lugar o venres da vindeira semana na que trataremos O derradeiro libro de Emma Olsen. 

Share this post