Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de terra.

O venres desta semana tivo lugar a sexta reunión do club de lectura do curso 2020-2021 na hora do descanso, na que falamos de Ricardo Carvalho Calero: Coraçom de terra. Trátase dunha biografía en banda deseñada do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020. A obra foi escrita en galego reintegracionista dacordo coa tese mantida polo filólogo e escritor ao longo da súa vida.

Polas circunstancias actuais da pandemia mundial, a reunión tivo lugar de forma mixta: presencial e a distancia por medio de Cisco Webex.

Share this post