Conferencia Unemadera
Conferencia de D. José Carballo García, presidente de Unemadera: A CADEA DA MADEIRA EN GALICIA
O mércores 14 de outubro iniciamos esta serie de charlas en directo para o alumnado dos ciclos de Madeira e Moble e de Mecatrónica Industrial do CIFP Politécnico de Santiago.
Utilizando os medios audiovisuais do CS de Sistema Telecomunicación e Informática ( Alumno: Isaac Iglesias Rodríguez), a charla foi emitida por videoconferencia. A través da plataforma MadeiraFPGalicia inscribíronse profesores e/ou alumnos/as de 6 centros de FP de madeira galegos , 23 de fóra de Galicia, 1 centro de deseño da comunidade de Madrid, a escola de forestais de Pontevedra, e a ETSAM de Madrid.
https://sites.google.com/finsa.es/madeirafpgalicia/
MadeiraFPGalicia é unha canle de comunicación que nace froito da cooperación entre Finsa e vari@s profesores/as da Comunidade Autónoma de Galicia que pretende servir de apoio a@s docentes de FP no seu labor de ensino a distancia.
Tanto o Sr. Carballo como Finsa manifestáronnos o seu agradecemento por ter a oportunidade de participar nesta xornada e poder interactuar en directo co alumnado e profesorado presente na aula multimedia deste centro.
A conferencia pódese ver en directo a través da seguinte ligazón: