Actividades

Actividades de carácter xeral que teñen lugar no Centro.

Charlas do programa Atrévete 2015 - 2016

EDUEMPRENDE

O vindeiro venres, 27 de novembro, darán comezo as charlas do Programa Atrévete 2015/16 no noso centro dirixidas ao alumnado de 5º/6º de Primaria e 1º/2º de Educación Secundaria.

Verificacións eléctricas en Baixa Tensión

CAMBIO DE DATA

Verificacións eléctricas en Baixa Tensión

CAMBIO DE DATA ao 18 de decembro.

O Centro de Información sobre PRL e a Confederación de Empresarios de A Coruña organizan un taller de Verificacións eléctricas en Baixa Tensión na Aula Schneider do noso centro.

Para máis información, preme sobre a seguinte ligazón.

"Historias del Barrio" e "A Causa do Crime"

"Historias del Barrio" e "A Causa do Crime"

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o luns, 30 de novembro, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos as obras de banda deseñada "Historias del Barrio" de Beltrán e Seguí e "A Causa do Crime" de Tokio.

Mes da Ciencia, Tecnoloxía e Innovación

Mes da Ciencia, Tecnoloxía e Innovación

Durante os meses de novembro e decembro terá lugar a elaboración e exposición de posters sobre actividades e proxectos relacionados coa CIENCIA e INNOVACIÓN que se están a desenvolver no centro.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

XORNADAS APROVEITAMENTO DAS TARIFAS ELÉCTRICAS PARA CALEFACCIÓN E A.C.S.

XORNADAS APROVEITAMENTO DAS TARIFAS ELÉCTRICAS PARA CALEFACCIÓN E A.C.S.

En colaboración con Comercial Clivema, ASINEC organiza dúas xornadas técnicas onde se tratarán cuestións relacionadas coa Tarificación Eléctrica e coas que se pretende que o instalador coñeza o sistema de tarificación actual e a forma de optimizar as tarifas eléctricas nas instalacións con calefacción eléctrica.

Para máis información, preme sobre a seguinte ligazón.

CHARLAS DA AXENCIA LOCAL DE COLOCACIÓN

O pasado luns 26 de outubro (en dúas sesións, de 12 a 13h e de 14 a 15h) e onte, martes 3 de novembro de 2015 (de 16 a 17h), persoal técnico de emprego da Axencia Local de colocación informou no Centro sobre o I Foro colaborativo para o emprego (FOCO 2015) que terá lugar no Palacios de Congresos o 5 e 6 de novembro de 2015.

INNOBUS

Camión Mostra da compañía SMC

O vindeiro martes, 10 de novembro, entre as 9.00 e 17.00 horas, estará no noso centro o camión INNOBUS, que presentará unha serie de paneis didácticos ao noso alumnado.

Páxinas