Actividades

Actividades de carácter xeral que teñen lugar no Centro.

Erasmus +

Xornadas Informativas de Erasmus +

Os vindeiros días, 29 e 30 de setembro, celebraranse no Salón de Actos do noso centro unhas xornadas informativas sobre a xestión de proxectos de mobilidade de estudiantes e persoal de educación superior entre países do programa Erasmus+.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao programa da actividade.

Dámosche a benvida ao CIFP Politécnico de Santiago

 

CURSO 2015-16: Inicio das actividades lectivas:
  • MARTES, 15 de setembro: Presentacións no Salón de Actos
    • 11:00 horas - 1º Curso de Ciclos Formativos de nivel Medio e Superior - Quenda de Mañá
    • 12:30 horas - 2º Curso de FP Básica
    • 18:30 horas - Ciclos de Adultos (Modulares, Distancia e Dual)
  • MÉRCORES, 16 de setembro: Presentacións no Salón de Actos
    • 11:00 horas - 2º Curso de Ciclos Formativos de nivel Medio e Superior - Quenda de Mañá
    • 17:00 horas - 1º Curso de Ciclos Formativos de nivel Medio e Superior - Quenda de Tarde
    • 19:00 horas - 2º Curso de Ciclos Formativos de nivel Medio e Superior - Quenda de Tarde
  • VENRES, 18 de setembro (NOVO): Presentación no Salón de Actos
    • 20:00 horas - 1º Curso de FP Básica

NOTA: Este centro non dispón de zonas de aparcamento de vehículos para o alumnado, , pero nas proximidades do edificio existe un amplo aparcadoiro gratuito (Área de Libre Estacionamento Santa Marta) no que poderás deixar o vehículo.

Para facer música non se necesitan equipos moi caros

Para facer música non se necesitan equipos moi caros

Ensinou a alumnado do Politécnico como producir sons electrónicos con materiais reciclados, sen utilizar ordenador.

No seu percorrido por centros de ensino, Mateo Mena Calavia (Santiago, 1983) impartiu onte dous talleres sobre música electrónica feita a man a alumnado do Politécnico.

J. Gómez

Foto: Álvaro Ballesteros

La Voz de Galicia, 12 de xuño de 2015

Charla sobre o Programa de Garantía Xuvenil

Charla sobre o Programa de Garantía Xuvenil

O día martes 23 de xuño ás 11 da mañán no Salón de Actos do centro, Mª José Díez Casado, Técnica da Oficina de Emprego Santiago-Norte, dará unha charla sobre o Programa de Garantía Xuvenil actualmente vixente.

Esta charla irá especialmente dirixida ao alumnado de 2º que remate o ciclo.

Obradoiro de Música Electrónica feita a man

Obradoiro de Música Electrónica feita a man

O xoves, 11 de xuño, celebrarase un Obradoiro de Música Electrónica en dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, para o alumnado de todas as especialidades do noso Centro.

Xornada de Proxección Térmica

Xornada de Proxección Térmica

O próximo mércores 3 de xuño celebraranse unhas xornadas sobre procesos de proxección térmica no noso centro.

Preme sobre o seguinte enlace para acceder ao cartel informativo da xornada.

Páxinas