Actividades

Actividades de carácter xeral que teñen lugar no Centro.

Letras Galegas 2015

Charla coloquio dos responsables da Librería KOMIC e Concerto do Coro de Amigos do CMUS

Con motivo da celebración das Letras Galegas, Xaime Lis, do equipo da Librería Komic de Santiago, impartirá unha charla-coloquio co título "40 anos de viñetas galegas". Complementará a velada a actuación do Coro de Amigos do CMUS de Santiago cun programa de música coral galega.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca do CIFP Politécnico de Santiago.

He visto ballenas

He visto ballenas

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o luns, 25 de maio, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a novela de Javier de Isusi "He visto ballenas".

Pepe Penabade

Rodesindo da Barrosa

Na semana das Letras Galegas, Pepe Penabade interpretará a Rodesindo da Barrosa no noso centro.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca.

PROTECCIÓNS CONTRA SOBRETENSIÓNS

PROTECCIÓNS CONTRA SOBRETENSIÓNS

En colaboración con OBO BETTERMAN, ASINEC organiza esta xornada técnica donde se tratarán cuestións relacionadas ca protección contra sobretensións. Preténdese que o instalador coñeza de primeira man a infirmación actualizada relacionada cas sobretensións.

Taller de PRIMEIROS AUXILIOS

Taller de PRIMEIROS AUXILIOS

Os días 4, 5 e 6 de Maio o DEPARTAMENTO DE FOL vai desenvolver  un taller de PRIMEIROS AUXILIOS para todo o alumnado de primeiro curso  que será impartido por persoal de Cruz Vermella.

23 de abril: Día Internacional do Libro

23 de abril: Día Internacional do Libro

Maus

MAUS

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o luns, 4 de maio, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a novela de Art Spiegelman "Maus".

Páxinas