Actividades

Actividades de carácter xeral que teñen lugar no Centro.

Resolución dos Premios a Proxectos de Innovación na FP 2015

Resolución dos Premios a Proxectos de Innovación na FP 2015

Comunícase que mediante a Resolución do 6 de abril de 2015 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa resólvense os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Charlas: O papel dos sindicatos na negociación colectiva

Charlas: O papel dos sindicatos na negociación colectiva

Os días 7,8 e 9 de abril terán lugar no Salón de actos do centro, unhas charlas organizadas polo Departamento de Formación e Orientación Laboral sobre:

- O papel dos sindicatos na negociación colectiva

O Bosque dos Raposos Aforcados

O Bosque dos Raposos Aforcados

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o luns, 13 de abril, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a novela de Arto Paasilinna "O bosque dos raposos aforcados".

Celebración da Mesa Redonda da Familia de Química

O pasado xoves, 5 de marzo, celebrouse no Salón de Actos do noso Centro unha mesa redonda organizada polos departamentos de Química e Información e Orientación Profesional (Emprendemento).

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.

Charla do Departamento de Orientación

Acceso á Universidade dende a FP

O luns próximo, 16 de marzo, o Orientador dará unha charla para os alumnos de 2º ano de ciclo superior sobre o acceso á Universidade dende a FP, en sesións de mañán e tarde.

Xornadas Electricidade e Electrónica

SOFTWARE ONLINE ECOREAL SCHNEIDER

En colaboración con Schneider Electric organizamos dúas xornadas técnicas de presentación do programa Ecoreal Quick Quotation 630A.

Celebración do día da Muller Traballadora

A pasada semana celebramos o día da muller traballadora no CIFP Politécnico de Santiago, colocando nos taboleiros do recibidor varias fotos, acompañadas dunha lenda, sobre mulleres consideradas sobresaíntes.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.

Páxinas