Formación Profesional Básica



Taller sobre acoso e ciberacoso en FPB

No Departamento de Información e Orientación Profesional contamos con tres alumnas que están a realizar as prácticas do Mestrado Universitario en Profesorado, da especialidade de Orientación Educativa: Jessica Cebeiro Cabo, Noelia Suárez Fernández e Sandra Vieitez García. Estas alumnas, os días 7 e 11 de maio, desenvolveron un proxecto sobre acoso e ciberacoso co alumnado de 1º de FPB de Carpintería e Moble, en conmemoración do 2 de maio, Día do acoso escolar e bullying, dándolle así, visibilidade a esta problemática.

 

Share this post