Celebración de Actividade Formativa


"Eduemprende Actúa 2020-2021"

Alumnado de 2º curso dos ciclos formativos do centro participou o mércores 27 de xaneiro no programa Actúa 2020-21 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espírito emprendedor.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración co IGAPE, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño e de bacharelato que estean a cursar “Economía”.

O obxectivo deste programa é achegar a realidade emprendedora ao alumnado dos centros educativos coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e dunha/s persoa/s emprendedora/s que dean a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico. Tamén se pretende pór en valor o traballo desenvolvido polo profesorado e o alumnado na aula.

A actividade consistía nunha charla- presentación virtual en varias aulas do centro, co fin de cumprir a normativa de seguridade necesaria durante este curso, por parte dunha formadora e emprendedora que compartiu diversas cuestións relacionadas coa materia.

Fixéronse dúas sesións ao longo da mañá para facilitar a participación do alumnado.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post