Celebración do Congreso de Innovación na Formación Profesional

Entre os días 25 e 27 de abril tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia a terceira edición de FP Innova Galicia.

Ao longo de 4100 m2 de exposición puidéronse coñecer os proxectos de investigación e innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver con empresas e institucións.

O CIFP Politécnico de Santiago -máis concretamente o departamento de Madeira, Moble e Cortiza- coordinou tres proxectos de innovación: Impresora Delta gran formato multifunción, Mobiliario paramétrico e Anti-velutina.

Engadimos unhas fotos deste evento, obra de Paula Franco, e un vídeo promocional de FP Innova 2018 publicado pola Xunta de Galicia.