En colaboración con ANPASA, ASINEC organiza esta xornada técnica onde trataremos os distintos tipos de SAIs dos que dispoñemos no mercado e o equipo que mellor funciona para cada tipo de instalación.
O mércores 18 de outubro desenvolverase no CIFP Politécnico de Santiago unha actividade formativa relacionada con ILUMINACIÓN DE EMERXENCIA. Esta actividade está organizada en colaboración con DIELECTRO INDUSTRIAL e será impartida por DAISALUX.
En colaboración con HT Instruments impártese esta xornada técnica donde se tratarán cuestións relacionadas coas medidas que se deben facer no proceso de verificación dunha instalación eléctrica.
Desde o día 18 ao 22 de Setembro en Santiago de Compostela, o ISEF (Instituto Schneider Electric Formación) organizou un curso de Certificado KNX Partner no CIFP Politécnico de Santiago.
O pasado mércores, 24 de maio, os alumnos do primeiro curso de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos do CIFP Politécnico de Santiago realizaron unha visita didáctica ás instalacións da Central Telefónica de Coruña Montiño.
Enviado por carbiacastro a Xov, 02/03/2017 - 14:21
Desde a Coordinación de Emprendemento e o Departamento de Electricidade e Electrónica organizouse a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado 23 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de J. Angel Taboada e Eva Mª Ben Garea, investigador principal e xestora do proxecto Life-Opere, que viñeron a presentar, do Laboratorio de sistemas do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC, e Lucía Lampón Bentrón, responsable de Enerxía en Vagalume- Energía.