Gañadores GaliciaSkills2016

Gañadores GaliciaSkills2016

Dende o CIFP Politécnico de Santiago queremos felicitar aos gañadores de cada un dos 17 Skills que estiveron a competir no recinto feiral de Silleda entre os días 30 de novembro e 1 decembro e, especialmente, aos alumnos do noso Centro: Raúl Piñeiro Rodríguez (Primeiro Premio na especialidade de Carpintaría e Ebanistería) e Álvaro Casas Rodríguez e Fernando Fajín Vaamonde (Segundo Premio na especialidade de Mecatrónica).

Durante os dous días de competición un total de 100 alumnos de 40 centros educativos, que por primeira vez competiron nun único espazo de xeito simultáneo, esforzáronse para ser un dos representantes da FP galega no vindeiro campionato nacional SpainSkills2017, que se celebrará do 27 de febreiro ao 4 de marzo de 2017 en Madrid.

Prema sobre a seguinte ligazón para obter máis información.

Share this post