Eduemprende-Idea 2020-21


"Convocatoria do concurso de proxectos de empresa Eduemprende Idea 2020-21"

http://www.edu.xunta.gal/fp/concurso-eduemprende-idea-2021

Quen pode presentarse ao concurso?

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

    • Estar matriculado no curso 2020-2021 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
    • A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
    • As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarias de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Premios

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

  1. Modalidade A: ciclos de grao superior
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
    • Asesoramento técnico do IGAPE
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros
  2. Modalidade B: ciclos de grao medio
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
    • Asesoramento técnico do IGAPE
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros

Como participar

Os participantes deberán formar grupos de entre dúas e catro persoas e formalizarán a inscrición do seu grupo e do proxecto, no prazo establecido na correspondente convocatoria.

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As solicitudes deberán dirixirse ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Para estes efectos os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no dito artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG 16-04-2021).

Share this post