O Politécnico consegue dous proxectos de innovación, un tecnolóxico e outro didáctico
O Politécnico consegue dous proxectos de innovación, un tecnolóxico e outro didáctico |
|
---|---|
![]() |
O IES As Fontiñas benefíciase doutro, didáctico, liderado por un centro de Pontevedra para ciclos de construción. Joel Gómez; Foto: Sandra Alonso La Voz de Galicia, 7 de abril de 2015 |
O Politécnico de Santiago liderará dous proxectos de innovación para centros de formación profesional premiados pola Consellería de Educación: un de innovación tecnolóxica, denominado «Redes de media tensión» que obtivo unha dotación de 23.900 euros; e outro de innovación didáctica, «Laboratorios de medios audiovisuais», para o que recibirá 29.931 euros. E o IES As Fontiñas beneficiarase do proxecto de innovación didáctica «Máquinas de control numérico multifuncional», liderado polo IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra, que obtén 8.100 euros. Preme sobre a seguinte ligazón para acceder á nova completa. |