O ciclo de FP Dual de Tratamento de Augas empeza o día 28 no Politécnico

O programa, con 15 alumnos xa matriculados, impártese en colaboración con Viaqua.

O día 28 comeza no Politécnico o novo ciclo medio de formación profesional dual de Redes e Estacións de Tratamento de Augas. O centro integrado de FP (CIFP) impartirao en colaboración coa empresa Viaqua. Cubriu as 15 prazas que ofrecía, e quedaron en lista de espera alumnos que aspiraban a realizalo. Esta é unha das principais novidades do novo curso nos estudos non universitarios en Galicia, pois o centro compostelán introduce na comunidade estes ensinos profesionais.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á nova orixinal.

Xoán A. Soler
Fonte: La Voz de Galicia