Taboleiro

Taboleiro de Anuncios para o Profesorado

ASEMBLEA INFORMATIVA

ASEMBLEA INFORMATIVA

Luns, 4 de abril, entre as 11.30 e 12.00 no CIFP Politécnico de Santiago.

TEMAS A TRATAR: RETRIBUCIONES/ paga extra/ I.T./ xubilación, otros……

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao cartel informativo.

Xornadas escolaTIC 2015

Xornadas escolaTIC 2015

Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC: conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.

Prazo de inscrición:  Aínda que o prazo para asistir a escolaTIC estará aberto ata o 9 de abril, se queredes asistir a algún dos obradoiros (prazas limitadas) tedes que ter confirmada a vosa asistencia en Fprofe antes dese mesmo día.

Cooperativismo no ensino 2015

Cooperativismo no ensino 2015

A Consellería de Traballo e Benestar convoca o certame cooperativismo no ensino dirixido aos centros educativos de Galicia.

O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia , impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Páxinas