Celebración de Actividade Formativa


Actividade do programa Finanzas para mortais

Alumnado de 2º curso dos ciclos formativos do centro participou os días 3 e 10 de febreiro no programa Finanzas para Mortáis 2020-21 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Esta acción consiste nun programa enmarcado dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S.A. para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

Este programa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Esta actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.

A actividade consistía nunha charla- presentación virtual en varias aulas do centro, co fin de cumprir a normativa de seguridade necesaria durante este curso, por parte dunha formadora que compartiu diversas cuestións relacionadas coa materia. Este programa desenvolveuse en dúas sesións de 90 minutos cada unha.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post