Resolución dos Premios a Proxectos de Innovación na FP 2015
Resolución dos Premios a Proxectos de Innovación na FP 2015 |
|
---|---|
![]() |
Comunícase que mediante a Resolución do 6 de abril de 2015 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa resólvense os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. |
Dende o noso CIFP Politécnico de Santiago queremos dar a noraboa a todos os proxectos premiados e, especialmente, aos coordinados polo noso centro: - Redes de media tensión: parametrización e comunicación de relés de protección con IEC61850, en colaboración con Schneider Electric España, S.A. (Schneider Delegación Vigo), cunha dotación de 23.900,00 €. Prema sobre a seguinte ligazón para descargar a relación de proxectos premiados. |