Semana de Portas Abertas 2015
Semana de Portas Abertas 2015
|
|
---|---|
![]() |
Dende o CIFP Politécnico de Santiago comprácenos invitarvos a realizar unha visita ao noso centro educativo, para que o alumnado dos últimos cursos da ESO e Bacharelato coñeza máis de cerca a Formación Profesional e vexan nela una alternativa máis de formación. |
Con este fin imos organizar unha Semana de Portas Abertas dende o 2 ao 6 de febreiro de 2015. Nesta visita ofrecerémoslle información ao alumnado sobre:
A programación prevista consta dunha pequena introdución no Salón de Actos, e a continuación unha visita guiada polas instalacións do centro para que coñezan os talleres onde se imparten os diferentes ciclos e os equipamentos dos que dispoñen. A duración da visita será en principio sobre hora e media, ampliable ou reducible en función dos requirimentos do centro visitante. Pola mañá prevemos dúas quendas, a primeira de 9:30 a 11:15, a segunda de 11:15 a 13:00, e pola tarde unha de 16:30 a 18:15. De todos modos este horario é flexible e adaptable ás vosas necesidades. Ofrecémosvos tamén a posibilidade de ir ao voso centro para realizar una charla coa información sinalada anteriormente. Para solicitar a visita cubra e envíe este formulario Para calquera outra cuestión os datos de contacto son: Teléfono CIFP Politécnico de Santiago: 981 522 062 Correo electrónico: fandinho@edu.xunta.es |