Taller de Igualdade


Taller de Igualdade, impartido por IGAXES, para 2º FPB

A fundación IGAXES impartirá un Taller de Igualdade en 2º curso do Ciclo Básico de Electricidade e electrónica, os días 28 xaneiro e 4, 11 e 18 de febreiro.

Obxectivos xerais:

  • Promover o pensamento crítico e reflexivo para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
  • Dar a coñecer as diferentes expresións de violencia de xénero para previr futuras situacións de risco.

Obxectivos específicos: 

  • Aprende a diferenciar conceptos como sexo e xénero. 
  • Coñecer a existencia e a influencia dos estereotipos de xénero.
  • Sensibilizar sobre a existencia da fenda de xénero
  • Fomentar o uso dunha linguaxe inclusiva.
  • Promover relacións igualitarias. 
  • Previr a violencia de xénero.

Share this post