O pasado mércores, 24 de maio, os alumnos do primeiro curso de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos do CIFP Politécnico de Santiago realizaron unha visita didáctica ás instalacións da Central Telefónica de Coruña Montiño.

O grupo, formado por dezaseis alumnos e dous profesores, despois de recibir unha charla sobre a estrutura das redes de telefonía fixa e móbil e a infraestrutura da central, visitaron as dependencias máis importantes do edificio: sala de forza e  grupo electróxeno, sala de baterías, galería de cables, repartidor, salas de conmutación e transmisión e CNAI. Asistiron tamén a unha demostración práctica dunha fusión de fibras.

A segunda parte da visita realizouse no Museo de Telefónica sito na mesma central onde puideron comprobar a evolución dos sistemas de telefonía e transmisión de datos desde os seus inicios ata a actualidade.

A visita resultou de gran interese para alumnos e profesores, interese que quedou patente na participación activa de todos eles durante a xornada.

Grazas aos compañeiros que a fixeron posible, Natalia Fernández García, Manuel López Salgueiro e Antonio Marín Cendra; así como aos "guías" Santiago Torres, David Gandoy e María Carmen Hinojosa.