Viveiro de empresas


Visita ao viveiro do CIFP Politécnico de Santiago do alumnado de 2º curso do centro, dentro do programa Emprende

O alumnado de 2º curso dos ciclos formativos do centro está a participar ao longo do primeiro ( 14 a 18 de decembro) e segundo trimestre (ao longo dos meses de xaneiro e febreiro) deste curso no programa Emprende. Este programa, que se desenvolve no marco do Plan eduemprende, vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espírito emprendedor, a través da presentación dos distintos programas que ofrece a Consellería de Cultura, Educación e Universidade no Plan Eduemprende.

A actividade comeza cunha charla- presentación na súa aula sobre emprendemento, os programas Actúa, Idea, Atrévete, Finanzas para Mortáis, Preparados para o salto, EduTecEmprende e Emprende. A continuación o alumnado visita as instalacións do viveiro de empresas que ten a súa sede no CIFP Politécnico de Santiago e coñece aos emprendedores que teñen a súa empresa en funcionamento no mesmo (Phone Factory)

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post