Acreditación de Competencias Profesionais
Este procedemento enmárcase no programa operativo FSE para o período 2014 / 2020 cofinanciado no marco do obxectivo formativo Nº 10 “Investir en Educación Formación e Formación Profesional para adquisición de capacidades e un aprendizaxe permanente”.
A presente convocatoria atópase entre as actuacións financiables, no marco operativo; emprego, formación e educación, financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e cofinanciada polo Fondo Social Europeo.
O proceso de Acreditación consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación.
A continuación podes acceder á información xeral relacionada co proceso de Acreditación de Competencias.
Neste apartado se publican as listaxes de persoas solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais.
Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación, a persoa candidata que saia admitida nas listaxes definitivas de admitidos e excluídos terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases.
Na seguinte ligazón podes descargar a información relativa ao pago das taxas para participar no proceso de acreditación de competencias.
Neste apartado publicarase a información relativa ás distintas reunións para o asesoramento das persoas admitidas.
Neste apartado pode consultarse a información relativa ás últimas convocatorias do proceso de acreditación de competencias profesionais.